Infórmate > Noticias 

Noticias 

Xuntos podemos: Día Internacional do Voluntariado
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/12/2020 | A Limia

Campaña de voluntariado ambiental

1 de 5

"No Día Internacional do Voluntariado, fago un chamamento a todos os Gobernos para que promovan o voluntariado, apoien os esforzos dos voluntarios e recoñezan a súa contribución ó logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible".  Son as palabras do Secretario Xeral da ONU,  António  Guterres
Aproveitamos esta data do Día Internacional dos Voluntarios/as en primeiro lugar para dar as grazas a todas as persoas que prestan este servizo no CDR O Viso ou a través de calquera outra organización; tamén para destacar as dificultades e necesidades coas que se atopan durante a pandemia.

O mércores día 16 de diciembre participaremos nunha mesa redonda online con motivo dun encontro de voluntarios organizado pola Cruz Vermella que pretende, que persoas de diferentes organizacións, debatamos sobre o traballo do voluntariado nas zonas rurais, fóra das 7 cidades galegas.

En segundo lugar utilizamos este día para lanzar unha nova campaña de voluntariado. Nesta ocasión de voluntariado ambiental: "Coñecer, conservar, coidar a nosa contorna". Educación Ambiental como educación sobre o medio, no medio e para o medio. O noso empeño dinamizador é favorecer a aprendizaxe concibindo o Medio como educador total. É así como tratamos de incorporar as actividades agrícolas e gandeiras vencelladas ós oficios de sempre, de relación social co medio. Nas imaxes aparecen os folletos e carteis preparados. Campaña que está enmarcada dentro dos programas da liña VI (Actuacións destinadas ó vuluntariado) de interese xeral para fins de caracter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da convocatoria 2019.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies