Infórmate > Noticias 

Noticias 

En xuño tamén tocou segar e preparar a herba seca para todo o ano
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

30/06/2020 | Lodoselo

Actuacións ambientalmente valiosas

1 de 6

Nos lameiros e nos distintos terreos (antes hortas, eidos, leiras, cortiñas...) onde pacen todo o ano as ovellas e os burros, coa chegada da primavera, a herba medra tanto que non son capaces de comela toda; así que imos segando, volteándoa para que seque e gardándoa na palleira (algunha a granel e outra en pacas) para poder terlle nos comedoiros herba seca sempre, todo o ano. Tamén para os coellos e mesmo para os niños da galiñas.

Coa desbrozadora, maquinillo da herba, coa forquita (ou a galleta que di o Alberto), co engazo (ou angazo) á vella usanza (esparexer, revolver, amangadar, amedoucar e/ou cargar o carro do burro para apañala cara a palleira) ou contando coa axuda do tractor do Ramiro ou dos granxeiros e a súa potente maquinaria case temos a volta feita. Moitas grazas!

Á función de subministro de alimentos (produtos de horta, ovos e carne), terapéutica (compaña beneficiosa dos animais case como médicos de familia) e a testemuña da soberanía alimentaria, engadimos a función social - territorial e ambiental: procuramos e renovamos o pasto e mantemos estos espazos como se fixo sempre contribuíndo á conservación da paisaxe tradicional e biodiversidade contra o abandono do uso agrario da terra; a expansión da vexetación ligada ó abandono aumenta o risco dos incendios. Polo que estamos a falar dunha actuación ambientalmente valiosa. Reto e oportunidade, un dos eixes de desenvolvemento do noso medio rural.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies