Infórmate > Noticias 

Noticias 

Multiplicando esforzos
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/04/2020 | A Limia

Para que as persoas confinadas máis vulnerables sigan contando cos servizos básicos

1 de 4

Dende o C.D.R. “O Viso” continúanse a prestar servizos básicos urxentes e necesarios de atención a situacións de primeira necesidade. O Estado de Alarma decretado polo Goberno, coas súas respectivas restricións, supón que moitas persoas vexan diminuídos os seus ingresos e teñan dificultades para facer fronte ós gastos derivados do uso da vivenda e da súa manutención. Referímonos –a groso modo-, por un lado, a aquelas persoas cuxos ingresos proveñen da venda ambulante, do xornal día a día, etc. pero tamén das que pasaron ó expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) –cunha notable redución dos seus ingresos-, ou foron despedidas e teñen que agardar a cobrar o subsidio de desemprego.

No marco do Programa de Emerxencia Social o pasado martes 24 de marzo, tal e como estaba previsto, desprazámonos á nave do Banco de Alimentos de Ourense, ubicada no Parque Empresarial de Pereiro de Aguiar, a buscar 806 kg de produtos de alimentación non perecedoira correspondentes á III Fase do Plan FEAD 2019.


O MÉRCORES 25 DE MARZO RECIBIMOS UNHA DOAZÓN DE GADISA NO CENTRO DE INCLUSIÓN.

O mércores 25 de marzo, recibimos 638 kg de produtos básicos de alimentación e hixiene, doados por GADISA -en base á súa acción de responsabilidade social corporativa- que cada ano colabora cos nosos programas de atención a persoas en situación de vulnerabilidade.


O MARTES 31 DE MARZO APOIÁRONSE AS NECESIDADES BÁSICAS DE 10 UNIDADES FAMILIARES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE.

O martes 31 de marzo repartíronse, aproximadamente, 300 kg de produtos básicos de alimentación (non perecedoiros e frescos), hixiene e limpeza do fogar e  bombonas de gas, cobertura do alugueiro dalgunha unidade familiar, etc. aproximadamente a 40 persoas da comarca en situación de vulnerabilidade. Algúns destes produtos eran os correspondentes á terceira fase do Plan FEAD 2019, que fomos buscar a pasada semana ó Banco de Alimentos de Ourense.

ATENDENDO NOVAS NECESIDADES

Dende a Área social tense feito un seguimento da situación social e de saúde das persoas usuarias para identificar necesidades e valorar a cobertura das mesmas tentando que sexan o máis autónomas posible. Estase apoiando a persoas na solicitude da súa prestación por desemprego, debido á fenda dixital que sofren, debido a que a Oficina do Servizo Público de Emprego remítelles ó trámite por vía telemática.

Do mesmo xeito e, dende o Centro de Inclusión de Lodoselo, repártense diariamente máis de 100 bandexas de alimentación diaria a domicilio –a meirande parte delas de risco por COVID-19. Porque a maiores estanse a levar tamén ás casas das persoas que comían no centro.

Así mesmo, a Terapeuta Ocupacional, e o persoal auxiliar fan un seguimento telefónico e domiciliario con cada unha das persoas que anteriormente acudían ó centro e/ou que se lles levaba a comida a domicilio ou outros servizos de proximidade e van a levarlle alimentos, medicación, produtos de apoio... cando os precisan; sendo –nalgúns casos- a única chamada que reciben o que demostra o valor social e a referencia que somos para eles.

Dende á área de atención psicolóxica estase prestando acompañamento e apoio por teléfono, achegando a quen o precisa material e pautas para o manexo da ansiedade e afrontamento da situación de crise na que nos atopamos, co obxectivo de superar esta nova realidade cos mínimos costes emocionais posibles, especialmente a familiares afectados polo Covid 19, profesionais expostos (auxiliares, persoal sanitario,  etc.. ) e persoas que xa tiñan trastornos depresivos ou de ansiedade que se ven agravados pola situación actual.

Ó longo das vindeiras semanas e, durante o período que dure o confinamento, manteremos este apoio a domicilio do persoal auxiliar, atención telefónica, por correo electrónico ou redes sociais en coordinación cos Servizos sociais comunitarios dos concellos e cos axentes sociais en xeral para identificar necesidades e valorar o xeito de dar resposta ás mesmas para que sexan cubertas salvagardando a seguridade e protección de persoas usuarias e do persoal traballador.

Queremos desde aquí agradecer o enorme esforzo que está a facer o persoal laboral do Centro, as persoas voluntarias e os moitos apoios que estamos a recibir neste singular momento 


 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies