Infórmate > Noticias 

Noticias 

Memoria de actividades do 8M
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

11/03/2020 | Xinzo de Limia

Campaña de visibilización e sensibilización

1 de 5

O proxecto AS MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA é unha pequena pincelada de recuperación e visibilización de historias. Homenaxe a 10 mulleres que forman parte da historia da nosa vila seleccionadas con perspectiva de xénero, pondo en relevo a súa valentía, a relevancia do seu traballo, a súa aportación á sociedade ou ter sido precursoras nalgunha actividade "só de homes". Levouse a cabo unha campaña de visibilización antes do día 8M: pegada masiva de carteis coas ilustracións por bares, comercios e locais públicos de Xinzo, bucando así un impacto masivo da campaña, chegando a todo tipo de público.

Ao longo da semana do 8M dende o Centro de Información Xuvenil de Xinzo, percorremos tódolos CEIPs da comarca realizando actividades de coeducación e igualdade co principal obxectivo de transmitir a nenas e nenos a importancia de educar en e para a igualdade. O mércores 11 de marzo tamén estivemos nos I.E.S. de Xinzo con actividades e dinámicas para concienciar aos mozos/as da nosa comarca sobre o importante que é eliminar estereotipos e prexuízos. 

O domingo 8 de marzo participamos no Acto da Casa da Cultura de Xinzo cun manifesto a prol da igualdade de xénero expondo o proxecto por parte do C.D.R. O Viso; contouse tamén coa intervención de Pepa Molinos Barrios, unha das 10 ilustradas, muller rural titular dunha explotación agrogandeira en Lamas. 

O luns día 9 de marzo estivemos en Vilar de Barrio coa campaña de sensibilización, na que as persoas que se achegaron fixeron un recoñecemento público ás mulleres que consideran importantes na súa vida. 

O sábado 14 de marzo, inaugurase a exposición "AS MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA" na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (haberá un buzón para que tódalas veciñas e veciños que queiran poidan acherganos historias de mulleres; nais, avoas, veciñas, parellas, fillas...mulleres que se irán engadingo ás ILUSTRADAS DA LIMIA cada ano, para que ningunha quede esquecida.

Estas actividades son encadradas na  Resolución do 9 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero no proxecto ELAS, ELES PROMOCIÓN DA IGUALDAE NO RURAL da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies