30/11/2019 | Vilar de Santos
A unha representación de participantes nos diferentes programas, traballador@s, voluntariado, colaboradores e financiadores
1 de 3
© CDR O Viso
Nesta mañá do sábado 30 de novembro fómonos xuntando, primeiro no Museo da Limia desde as 11 da mañá, un bo número de persoas que quixeron participar neste acto de entrega do Premio Pedra Alta 2019, na súa terceira edición.
Despois a partir das 12h. no salón multiusos da casa do Concello desenvolveuse un entrañable acto. Primeiro visionamos un vídeo que aínda que xa se fixo no 2015 recolle en 9 minutos algunhas das nosas accións e dan unha idea bastante aproximada do que facemos. A continuación o Sr. Alcalde de Vilar de Santos deunos a benvida e tivo para con todos nós unhas palabras de recoñecemento (moitas grazas, Xan); seguiu Delfín Caseiro como Presidente do Padroado dicindo que este foi un "autopremiar á Limia enteira" e adiantándonos un novo desafío arredor da vía XVIII pola súa importancia e transcendencia. Sabela, como Secretaria do Padroado leu a acta que recolle os méritos que o Consello Asesor do Museo da Limia lle outorga ó CDR e nos fan merecedores deste galardón.
Foi aquí cando se fixo o acto de entrega desta escultura feita por Xosé Lois Carreira e os diplomas a un pequeno grupo de persoas en representación de todas as que teñen participado e conformamos o Centro: representantes da Xunta Directiva, dos traballador@s, dalgúns dos diferentes programas desenvolvidos ó longo destes anos; desde 1985, aínda que co nome de CDR O Viso, desde 1990.
Tocoulle despois a Xosé Manuel Cid facer a laudatio e coma sempre estivo o profesor universitario (o maior divulgador do CDR en ámbitos universitarios, na veciña Portugal... en publicacións) inmenso; xunguindo galeguidade, educación, militancia e tamén pedras, auga, Limia.
Finalmente tocoulle ó voceiro do CDR dar as grazas a todas e cada unha das persoas que teñen feito isto posible; empezando por Miguel e Digno; que sendo cregos en Parada de Outeiro e Arzádegos cunha longa traxectoria xa entón nos reunimos na reitoral de Arzádegos no 1990 e puxemos en marcha os CDR(s) Eirada, Portas Abertas e O Viso. Pero continuando polos milleiros de participantes nas distintas accións levadas a cabo ó longo de tantos anos, de traballadoras e traballadores (ata un total de 99 en todos estos anos), voluntariado (que inclúe o SVE), colaboradores (Instituto do Campo, Postoiro... e financiadores. Durante a intervención estaban pasando imaxes desta historia, datos, nomes de traballador@s, voluntariado europeo, convenios de colaboracion, alumnado de prácticas...
Tamén pediu perdón por todas as veces que temos fallado e deu unhas pinceladas das conviccións que nos caracterizan, do que facemos porque dixo "somos o que facemos e como o facemos. Rematou cun conto que coñecemos da man do noso amigo Fran, mestre e tamén parte do CDR nos cursos de formación de educador@s de tempo libre.
Unha vez máis grazas a todas as persoas que hoxe participaron e se desprazaron desde diferentes recunchos de Galicia e do outro lado da raia (tamén ós que disculparon a súa presenza) e especialmente á veciñanza dos pobos da contorna que son partícipes e verdadeiros protagonistas deste camiño que imos facendo día a día.
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d303943630kP1062290988o2l1/pedra-alta-2019
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
- Os Reis Magos, a pesares da friaxe, tamén chegaron Á Túa Outra Casa
- 06/01/2021 | Lodoselo
- Cómplices dunha causa solidaria
- 05/01/2021 | A Limia
- Para gozar do noso porque tamén Muras somos nós
- 01/01/2021
- Despedimos o ano coa primeira dose da vacina
- 31/12/2020 | Lodoselo
- Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí
- 22/12/2020 | A Limia
- Radio Lodoselo
- 20/12/2020
- Neste tempo de distopía realzar á xente de boa vontade
- 16/12/2020 | A Limia
- Pregoamos a nosa esperanza nas persoas
- 10/12/2020 | A Limia
- Presentación dos proxectos gañadores de #EDPSolidaria 2020
- 09/12/2020 | O 10 de decembro ás 12h
- A gratitude como hábito
- 08/12/2020 | Lodoselo
- Xuntos podemos: Día Internacional do Voluntariado
- 05/12/2020 | A Limia
- Loitando contra a pobreza e a exclusión dende o rural
- 04/12/2020
- Visita do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense ó CDR O Viso
- 02/12/2020 | Lodoselo
- 1 de decembro: Día Mundial da Sida
- 01/12/2020 | A Limia
- Tódolos días contra a violencia de xénero
- 24/11/2020 | A Limia
- Xornadas de Prevención de Violencia de Xénero nos CEIP e IES
- 23/11/2020 | Xinzo de Limia
- 25 N. Que podo facer eu?
- 21/11/2020 | A Limia
- Recoñecemento ás nosas nenas e nenos hoxe e tódolos días
- 20/11/2020 | A Limia
- Casas da Memoria
- 15/11/2020 | Lodoselo
- O CDR O VISO aposta pola formacion online para mellorar as posibilidades de emprego
- 13/11/2020 | XINZO DE LIMIA
- Boa acollida do programa de Educación Infantil Familiar na Limia
- 12/11/2020
- “Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño”
- 10/11/2020 | Lodoselo
- Prosigue a colaboración entre o Mercadona e o CDR O Viso.
- 09/11/2020
- O noso mel, preparado
- 05/11/2020 | Lodoselo
- Afianzando e mantendo o noso vencello á terra e ó saber popular.
- 03/11/2020 | Lodoselo
- Pequenas obras de mellora
- 02/11/2020 | Lodoselo
- O proxecto presentado polo CDR O Viso un dos seleccionados por EDP Solidaria 2020
- 25/10/2020 | Oviedo
- Fase II do programa de axuda alimentaria
- 21/10/2020
- Importante colaboración económica do Concello de Xinzo
- 20/10/2020 | A Limia
- Renovación da subvención
- 19/10/2020
- O Servizo de emprego e formación do CDR O Viso
- 16/10/2020 | Xinzo de Limia
- Celebramos o Día Internacional da Muller Rural
- 15/10/2020 | A Limia
- Participación no encontro Mutante´s
- 05/10/2020 | A Veiga
- Visita de CAS (Colectivos de Acción Solidaria)
- 04/10/2020 | Lodoselo
- Máster en Intervención multidisciplinar na diversidade de contextos educativos
- 01/10/2020 | Ourense
- Mobilización a favor da Sanidade Rural o próximo 3 de outubro
- 28/09/2020 | A Limia
- Comezamos co programa de Educación Infantil Familiar un ano máis
- 03/09/2020
- Despois de dous meses, damos por finalizado o concilia de Xinzo e Laza.
- 31/08/2020
- Concilia de Verán, mes de xullo
- 31/07/2020 | Xinzo de Limia
- Estamos realizando o Concilia Rural de verán
- 28/07/2020
- Poñemos en marcha un programado espazo sensorial
- 10/07/2020 | Lodoselo
- Concilia de Verán 2020
- 03/07/2020 | Xinzo de Limia
- Participamos na creación dun Observatorio Social
- 02/07/2020 | Xinzo de Limia
- En xuño tamén tocou segar e preparar a herba seca para todo o ano
- 30/06/2020 | Lodoselo
- Remate do programa de Educación Infantil Familiar na Limia.
- 22/06/2020 | Xinzo de Limia
- Concilia de Verán 2020
- 16/06/2020 | Xinzo de Limia
- 8 anos da inauguración do Centro de Inclusión
- 15/06/2020 | Lodoselo
- A nosa psicóloga entrevistada hoxe no Faro de Vigo
- 15/06/2020
- Os nosos programas de atención urxente na Voz De Galicia
- 08/06/2020
- A túa outra casa na Voz de Galicia (Loita contra o coronavirus)
- 25/05/2020 | Lodoselo
- Día Internacional das Familias
- 15/05/2020
- Grazas por coidarnos, Carabuñas e o apoio ó produto local e galego
- 09/05/2020 | A Limia
- Á procura dunha normalidade que revirta esta anomalía
- 08/05/2020 | A Limia
- Servizo de Orientación laboral
- 05/05/2020 | A Limia
- Itinerarios integrados contra o despoboamento
- 02/05/2020 | A Limia
- Vegalsa-Eroski dóanos 900 kilos de produtos de primeira necesidade
- 27/04/2020 | A Limia
- Acompañamento ás mulleres inmigrantes
- 24/04/2020 | A Limia
- O CDR O Viso, continúa a actividade de Orientación Laboral e Formación para a Busca de Emprego durante o Estado de Alarma declarado polo COVID 19
- 20/04/2020 | A Limia
- Mercadona comeza a doar alimentos ó Centro de Desenvolvemento Rural O Viso
- 15/04/2020 | A Limia
- Un empresario de Mos doa 7.000 kilos de carne a doce comedores sociais
- 14/04/2020 | Lodoselo
- A forza da comunidade organizada
- 06/04/2020 | A Limia
- Multiplicando esforzos
- 01/04/2020 | A Limia
- Aprendendo a vivir co drama
- 24/03/2020 | Lodoselo
- É o tempo de vivir o aquí e o agora
- 24/03/2020 | A Limia
- Traballando e reorganizando algúns servizos
- 17/03/2020
- Comunicado
- 12/03/2020 | A Limia
- Memoria de actividades do 8M
- 11/03/2020 | Xinzo de Limia
- Acto con motivo do 8 M na casa de Cultura
- 10/03/2020 | Xinzo de Limia
- Campaña 8M. Día Internacional das Mulleres.
- 09/03/2020 | Xinzo de Limia
- Libres, fortes, empoderadas
- 06/03/2020 | A Limia
- O CDR O Viso incorpórase á Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia
- 05/03/2020 | Santiago de Compostela
- Estadía en Lodoselo do alumnado de Educación Social
- 03/03/2020 | Lodoselo
- Novo programa de itinerarios integrados
- 28/02/2020 | A Limia
- Desfile 2020
- 21/02/2020 | Xinzo de Limia
- Colgamento do meco en Lodoselo
- 18/02/2020 | Lodoselo
- Entroido: Corredoiro 2020
- 16/02/2020 | Lodoselo
- Sábados en familia
- 16/02/2020 | A Limia
- Declaración renda retornados de Alemaña
- 12/02/2020 | Lodoselo
- O CDR O Viso- COCEDER inicia un Novo Programa de Itinerarios Integrados para Loitar contra o Despoboamento Rural
- 10/02/2020 | A Limia
- Mercadona colaborará coas accións do CDR O Viso dirixidas ás persoas máis desfavorecidas
- 07/02/2020 | A Limia
- Asesoramento e formación para persoas migrantes da Comarca da Limia como cidadáns de pleno dereito
- 24/01/2020 | A Limia
- Continuamos coa campaña anual de Comercio Xusto
- 22/01/2020 | Xinzo de Limia
- Despois das vacacións de nadal, regresamos ás sesións de Educación Infantil Familiar
- 14/01/2020 | Xinzo de Limia
- Rematamos o Concilia de Nadal de 2019
- 03/01/2020 | Xinzo de Limia
- CONCILIA DE NADAL 2019
- 30/12/2019 | Xinzo de Limia
- Hoxe deu comezo o Concilia de Nadal de 2019
- 26/12/2019 | Xinzo de Limia
- Cantámoslle os reis do quiquiriquí; se non nos dan nada, marchamos deiquí!
- 10/12/2019 | A Limia
- EDUCACIÓN INFANTIL FAMILIAR NA LIMIA 2019/2020
- 09/12/2019
- No día internacional do voluntariado, graciñas
- 05/12/2019
- Día mundial da loita contra a SIDA
- 03/12/2019 | A Limia
- 25 N Libres e Vivas.
- 25/11/2019
- ANIKIBÓBÓ:
- 21/11/2019 | Xinzo de Limia
- O dereito a vivir a Infancia
- 20/11/2019
- Novas contratacións de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- 18/11/2019
- Fixemos outro Magosto
- 11/11/2019 | Lodoselo
- O vindeiro 30 de novembro, sábado, será a entrega da III Edición do Premio Pedra Alta de 2019
- 08/11/2019 | Vilar de Santos
- Participamos no OURS (Ourense Rural Summit)
- 31/10/2019 | Santo Estevo de Ribas de Sil
- Actividades formativas e de apoio ás persoas coidadoras
- 30/10/2019 | A Limia
- Visita da Directora Xeral de Familia e da Delegada Territorial da Xunta en Ourense
- 16/10/2019 | Lodoselo