Infórmate > Noticias 

Noticias 

Reparto mensual. Setembro 2016
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/10/2016

Programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social. IRPF 2015

1 de 2

O pasado xoves 29 de setembro repartíronse os lotes de produtos de alimentación e hixiene básicos e, nalgúns casos, bombonas de gas a familias en risco ou exclusión social da Comarca da Limia, máis de 70 persoas na súa totalidade.

Son de destacar no último mes a doazón solidaria de GADISA que doou máis de 500kg de produtos non perecedoiros (entre os que destacan a pasta, as legumes e as galletas) destinados ao desenvolvemento do noso Programa de Atención Urxente. Esta doazón xunto coa entrega por parte do Banco de Alimentos de Ourense doutra entrega o pasado mércores 28 significaron que os almacéns do Centro de Inclusión volvan a estar ateigados coa alimentación recadada que colocamos e inventariamos coa axuda de persoal voluntario e tamén das novas incorporacións do C.D.R. que se sumaron á iniciativa: Rita Guedes –alumna de Serviço Social na UTAD que realizará a súa estancia de prácticas curriculares no C.D.R.-, e Óscar González –que realizará labores administrativos e de comunicación, contrato subvencionado a través do Programa de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia-.

Seguimos a desenvolver un reparto mensual na última semana de cada mes, complementando o labor dos servizos sociais comunitarios básicos, e apoiando os proxectos de intervención suscritos coas persoas beneficiarias dos mesmos e, á súa vez, traballamos para a inclusión sociolaboral das mesmas.

O Curso básico de español que se desenvolve no CEIP Rosalía dende o 20 de setembro, e o de cociña que inicia o 3 de outubro nas instalacións do Centro de Inclusión de Lodoselo son dirixidos prioritariamente a persoas en risco de exclusión cuxa finalidade é que sexan actuacións inclusivas para as mesmas.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info