Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 08/05/2016 | 1

Os de Vivimos no rural, no Contrabando?

Encontro no Centro de Interpretación

08/05/2016 | Vilardevós

O sábado día 7 participamos nunha xornada que tratou de ser testemuña dun medio rural vivo e con futuro; porque no rural galego hai moita vida e moitas posibilidades. Moi ben acompañados por persoas do CDR Portas Abertas (Digno, Pepe Paz, Tamara, ...), CDR Ancares (Ramiro, Lola, Isolina), Grupo de Abadín (Manolo Regal, Izaskun, Jorge...), Chon e Francisco (casa do Romualdo), Daniel (o Trasno de Irimia...), Manolo e Emi (Silleda), Pepe Salvatierra, Paula (da Universidade Rural Galega), Ana (A Teixeira), Jose (Tronceda), veciñ@s de Vilarcevós, ...

Tal e como estaba programado tivemos unha primeira sesión adicada a coñecer o traballo que está a desenvolver o CDR Portas Abertas na comarca de Monterrrei e seguidamente a Asemblea de Vivimos no Rural. Despois da pausa para o café coñecemos dúas experiencias ben interesantes:

 - "Biocoop" (Cooperativa Ourensana de carne ecolóxica) da man de José Luis. O entusiasmo deste home que nos falou si das vacas "celestes" e da base filosófica e ética, de valorar a saúde propia e a saúde da Terra. Porque si, venden carne e ideas transcendentes. 

 -“Ánades de Galicia”,  industria artesanal creada por Silverio Tallón fai xa uns 28 años. que elabora foie gras e confit de peitugas, zancos e ás de pato. Fixemos un percorrido polas súas dependencias e poidemos saborear os saberes de Silveiro e probar os sabores do pato "moulard".

E rematamos a xornada coa comida compartida e cantando coas pandereiteiras de Vilardevós e Os Ancares; e como non,  tamén co Francisco ben acompañado coa súa zanfona. Unha gozada! Moitas grazas a tod@s!!! 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias