Axenda de actividades
© CDROViso | 02/01/2018 |
SORTEO CESTO PRODUTOS DE COMERCIO XUSTO
O sorteo celebrarase este xoves día 4 de xaneiro ás 19.00 na Praza Maior.
- 30/01/2018 | Xinzo de Limia
Queremos darlle a benvida a este ano 2018 co sorteo deste magnífico cesto cheo de produtos de comercio xusto, tales como: arroz, cacao en pó, café natural, té negro, té verde, rooibos, macela, dixestiva, canela, comiño, crema de cacao con avelás, macarróns, espaguette, barriñas de sésamo, panela (azucre de caña integral), 4 tipos de chocolates (de laranxa, con pepitas, 70% cacao e de doce con café), censor e marcapáxinas de madeira.
O sorteo terá lugar na Praza Maior de Xinzo de Limia, este xoves día 4 de xaneiro ás 19.00. O número premiado, de non estar presente na praza, publicarase nas nosas redes sociais e o/a afortunado/a dispoñerá de 15 días para reclamar o premio nas nosas oficinas do Centro de Información Xuvenil (Praza Maior, nº1, andar 1º).
Aínda quedan rifas a 1 € nas nosas oficinas!
Moitas grazas e feliz ano!
Lugar de celebración:
Praza Maior de Xinzo de Limia
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades