¿Por que ser voluntario/a?

O CDR “O Viso” quere contribuír ao cambio social coa animación de persoas voluntarias e colaboradoras puntuais ás que ofrecer espazos de formación, reflexión e ocasións de actividade en accións comunitarias de encontro con outros grupos ou en tarefas e campañas propostas polos que formamos esta organización.


Moitas das actividades que realizamos no CDR “O Viso” realizámolas grazas ao traballo de persoas voluntarias e solidarias que dan apoio aos nosos equipos de traballo.
A nosa base social está formada por todas aquelas persoas que coñecen, comparten e están dispostas a traballar ou apoiar libremente a nosa misión de forma individual e colectiva, sexan ou non persoas socias da nosa asociación. O voluntariado é un dereito e un exercicio cívico que enriquece á sociedade e tamén a unha organización como é o C.D.R. “O Viso”.

Se estás interesado/a en colaborar como voluntario/a con nós, nalgunha das diferentes actividades ou programas que levamos a cabo, podes facelo a través da páxina web, no apartado “Facerme voluntario/a agora”; podes poñerte en contacto con nós no teléfono 988 46 15 71 ou enviarnos un correo electrónico a voluntariado@cdroviso.org.

Grazas por ser solidari@!
 



CDR O Viso
https://www.cdroviso.org/
https://www.cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=41