Noticias
Oferta de emprego para traballar no CDR
Educador/a social
11/10/2017 | A Limia
Perfil de posto: buscamos a un ou unha profesional que se encargue da dinamización da Oficina de Información Xuvenil da Limia e da programación e execución de actividades de animación no tempo sociocomunitaria e de libre no Pobo Escola de Lodoselo, realización de campamentos, etc.
Requisitos imprescindibles:
Estar en posesión do Título de Graduado/a e/ou Diplomado/a en Educación Social.
Enviar CV con carta de presentación/motivación para o posto ao enderezo electrónico info@cdroviso.org.
Experiencia mínima: 6 meses.
Incorporación inmediata.
Méritos baremables:
Formativos:
o Ciclo de Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística (TASOC).
o Título de Director/a e/ou Monitor/a de actividades de tempo libre.
o Certificado de profesionalidade SSCE0109 Informador/a xuvenil.
o Formación non formal en animación sociocultural, persoas de avanzada idade, infancia e adolescencia, etc.
o Competencias ofimáticas básicas (CODIX Ofimático), e coñecementos sobre a dinamización de redes sociais.
o Idiomas: nivel medio/alto de Inglés (B1 ou superior).
o Outros.
Experiencia mínima recomendable: 1 ano.
Residencia: na Comarca da Limia (Concello de Sarreaus).
Competencias básicas: autoconfianza, autocontrol, cumprimento de normas e tarefas, comunicación // Competencias transversais: traballo en equipo, flexibilidade, liderado, organización propia, orientación ás persoas…
Programación e realización de proxectos de animación sociocultural no tempo libre.
Experiencia como voluntario/a en entidades de iniciativa social.
Coñecementos do patrimonio cultural, artístico e inmaterial do medio rural.
Alta en Programa de Garantía Xuvenil.
Percepción de candidaturas: ata o luns 16 de outubro inclusive.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias