Noticias
Participamos no festival Reina Loba
Cos xogos populares, tradicionais, do mundo.
13/08/2016 | Os Blancos
Na tarde do sábado 13 de agosto entre as 16 e as 18.30 h., con bastante calor (tamén polvo e fume dos lumes que seguen a queimarnos) ... estivemos co obradoiro de xogos no festival da Reina Loba. E pasámolo moi ben. Co queixo, co lanzamento de boinas, os birlos, a roucha, os zancos, a porca, a ra, a chave, apañando as patacas, tirachinas, tiro ó prato, turrasoga, as ferraduras, tartarugas, pescabotellas... Velaquí algunhas imaxes da actividade.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias