Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 01/07/2018 | Paseando por el pueblo

Comezou xullo, arrranca o campamento 2018

E imos día a día... Podes seguirnos aquí

01/07/2018 | Lodoselo

Empezamos ca primeira das actividades do Proxecto Concilia e Participa: Proxecto socioeducativo de Integración na Limia; subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense, dentro da convocatoria para proxectos de prestación de Servizos Sociais neste ano 2018. Vaise desenvolver durante os meses de xullo e agosto. Primeiro cun campamento integrador de 7 días coas respectivas noites e o resto de xullo e todo agosto, actividades en horario de 9 a 14 h e de luns a venres. Co obxectivo principal de favorecer a conciliación persoal, familiar e laboral durante o período vacacional escolar a familias da comarca da Limia con nen@s de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. 

O primeiro día pola mañá estivemos no campiño facendo xogos de presentación e cooperativos, despois de instalarnos e explicar as normas de convivencia. Despois do xantar démoslle de comer aos coellos, patos e galiñas e regamos as prantas do xardín. Pola tarde demos un paseo por Lodoselo e despois: partido. Ao rematar tivemos un obradoiro de primeiros auxilios e pola noite, unha velada musical.

Pero isto segue... Así que tamén fixemos outro día pola mañá obradoiro de papel e obradoiro de tear. Pola tarde xogos no campiño, campeonato de rá e visita á granxa.

E poidemos ver o nacemento de dous añiños á noitiña no campo da Lama... 

Obradoiro de papel e obradoiro de tear. Pola tarde xogos no campiño, campeonato de rá e visita á granxa.

E obradoiro de velas, obradoiro de carteiras con bricks e xogos. Pola tarde, creación de instrumentos musicais, baile e creación de cancións de campamento. Tamén se refrescaron no lavadoiro. E pola noite, acampada.

Xogos de pistas polo pobo e ... Xogos no campiño, clasees de taekwondo e defensa persoal co campeón mundial de espada coreana e mestre de artes marciais Lucas Egas... De panadeiros, na piscina, aprendendo cos danzantes de Lamas e... Festa.

 

Velaquí unhas cantas imaxes que fomos engadindo día a día

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d203546404kP734879241o2l1/campamento-20181

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d204466771kP752916321o2l1/campamento-2018-2

 

Arquivada en: