Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 29/05/2017 | 1

Participamos no 3º encontro de Vivimos no rural

29/05/2017 | San Román de Cervantes

Os pasados 27 e 28 de maio, sábado pola tarde e domingo, gozamos, entre outras moitas cousas, da boa compaña; da compaña de xente boa, de persoas cunha opción de compromiso polo campo, por un estilo de vida coherente co coidado e respecto pola vecindade e a súa aposta por un xeito moi particular de estar no medio rural.

Na tarde do sábado fómonos achegando ata perto de Lugo para ir en primeiro lugar a coñecer a experiencia duns irmáns (Castañas Ancarelo, mel...); xa en Cervantes e, sempre con Ramiro de guía fomos visitar o Castro, as praderías que fixeron os veciños nos montes de varas (Quindós) e que nos contaron Amadeo e Palillo, a igrexa de San Fiz de Donís... para rematar en Piornedo na palloza (casa térmica) aprendendo do que nos cantou Isolina. Despois veu Suso (o crego de Rao) que leva naquela parroquia desde 1961 e que nos engaiolou (unha vez máis) coa súa testemuña en representación dos homes e mulleres que hai naquela montaña. Despois, cear, cantar... 

E, ó día seguinte, con máis xente tivemos varias mesas redondas para coñecer experiencias dignas de ser coñecidas pola loita contra a sociedade, a soedade... A veces tamén a loita coa veciñanza, a familia... E reflexionar, dialogar sobre " Se outros nos amañan a vida, que pintamos @s veciñ@s?" 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias