Accesibilidad

Noticias 

O CDR O Viso en Tapia de Casariego (Asturias)

Participando na XXVII Asemblea Xeral e nunha mesa de experiencias

02/05/2017

O pasado xoves e venres, 27 e 28 de abril, como membros da Confederación de Centros de Desarrollo Rural – COCEDER, participamos na Asamblea Xeral  en Fundación Edes, ubicado na localidade asturiana de Tapia de Casariego.

Nesta reunión aprobáronse, no só a xestión da entidade, senón tamén a Memoria de Actividades e a Económica do pasado ano; tamén a análise do traballo das comisións e o anterior Plan Operativo de COCEDER.

Despois da Asamblea tivemos a oportunidade de formar parte dunha mesa de "Experiencias desde a Corresponsabilidade" no salón de plenos do Concello de Tapia coa presenza de admirados compañeiros doutros CDRs (Carles, Gustavo), e do alcalde de Valadouro; persoas que nos axudaron a reflexionar. Salientar a presenza e as intervencións (pola sintonía co noso) da Directora General de Servizos Sociais de Proximidade da "Consejería de Servicios y Derechos Sociales del Principado" (Dª Lina M. S.). Estivemos na inauguración da Exposición (que temos pedida e que traremos despois do CDR Portas Abertas) e gozamos da compaña desta boa xente na cea. O sábado coñecemos máis polo miúdo o traballo de EDES. Moitas grazas. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias