Accesibilidad

Noticias 

A arte do tear. Exposición

Con algunhas mostras de Lodoselo

01/06/2017 | Carballo

Os teceláns Carlos Díaz e Manuel Otero estiveron por Lodoselo. Manuel xa ten estado por aquí varias veces. Así que nos contaron que estaban a preparar unha exposición. E montaron unha exposición que transmite un fondo amor pola arte do tear. Trátase dunha colección de teas, roupa de cama e vestidos feitos case todos con liño e la recollidos por toda Galicia, desde localidades bergantiñás como Sofán e Cerqueda ata outras como Vilariño de Conso, ou Lodoselo en Ourense.

Salientar a labor de Panosdaquí e agradecer o traballo de Carlos e Manuel, que, preocupados pola recuperación e divulgación do tecido tradicional galego, dedican o seu tempo libre a investigalo. Como moi ben din "temos un tecido que, como pobo, nos representa. Non é algo moi coñecido, pero si moi valioso, porque dunha pobreza de dous materiais, como poden ser o liño e a la, as nosas tecedeiras, mulleres valorosas, puideron facer cousas para vestir as súas casas, para vestirse elas, para vestir as súas xentes. O que nos dá pena é que ese coñecemento desenvolvido durante tanto tempo se perda e non se lle saque partido ou, polo menos, como pobo non o coñezamos."

Moitas grazas Manuel, moitas grazas Carlos! 

Arquivada en: