Noticias
© CDR O Viso | 15/03/2019 |
Manifestación reivindicativa da España baleirada.
Na Praza Colón de Madrid, o 31 de marzo ás 12.00 h.
15/03/2019 | Madrid
O CDR O Viso dende a Galicia baleirada únese á España baleirada asistindo á manifestación na Praza Colón de Madrid o 31 de marzo ás 12.00 h.
Está focalizada na inxustiza da situación do medio rural que se baleirou para facer medrar as industrias das cidades e que se segue a baleirar polas políticas que se aplican sobre el. Non está convocada por ningún partido político, senón por plataformas cidadanas que loitan contra a despoboación.
Dende o CDR O Viso facemos un chamamento á cidadanía para participar nesta manifestación na defensa dos servizos e da vida no medio rural. Se queredes acompañarnos o 31 a Madrid só tendes que contactar con nós nas oficinas do CIX (rúa Ladeira, número 21, Xinzo de Limia) e/ou no teléfono 988-461-571. A viaxe será gratuíta!
Animádevos a loitar polo noso rural!
Arquivada en:
Infórmate > Noticias