Infórmate > Noticias 

Noticias 

A Región amosa algúns datos da nosa actividade
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/08/2017

Por boca de Edi, o noso traballador social

DATOS
O Viso atendeu a 150 persoas en emerxencia social
A entidade limiá tamén atende a unha media de 25 usuarios ao mes no seu comedor social

PAULA PALOMANES 05/08/2017 11:21 H.
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso continúa a prestar un servizo integral de axuda na comarca da Limia.Segundo explica Edi Díaz, traballador social de O Viso, durante o pasado mes de xullo o comedor social do centro prestou servizo a 22 persoas e 61 usuarios dos concellos de Cualedro, Porqueira, Os Blancos, Xinzo de Limia, Trasmiras, Sarreaus e Baltar empregaron o servizo de Bandexas de Comedor no Domicilio. "O perfil demandante das Bandexas de Comedor é unha persoa maior, que normalmente vive soa e que ten dificultades para desprazarse e para cociñar", explica Edi.

Esta iniciativa social, que o pasado 2015 cumpriu 25 anos e que conta con preto de 20 traballadores, naceu en 1985 como unha asociación cultural. O Centro abrangue un espazo de inclusión social, unha vivenda comunitaria e un albergue coñecido co nome de "Pobo Escola", un programa de animación sociocultural baseado nos elementos que compoñen o medio rural. No Pobo Escola participaron no que vai de 2017 preto de mil cativos de toda Galicia, moitos deles de grandes cidades como A Coruña e Vigo.


"No Pobo Escola mestúranse cativos do rural e da cidade, neste sentido as diferenzas son curiosas", explica Edi. "Hai nenos que veñen das cidades e que nunca viron unha pita ou un animal do medio rural. Os rapaces de aquí están máis acostumbrados a facelo. Tamén chama a atención algúns casos nos que os cativos das cidades nunca escoitaron falar galego e se sorprenden moito", engade.

Outra das áreas importantes do centro é á vencellada á intervención psicosocial, á inserción e á inclusión social. Coa axuda da Deputación de Ourense, no que vai de ano, o Centro de Desenvolvemento atendeu a máis de 150 persoas da comarca, dentro do programa de Emerxencia Social. As axudas consistiron en reparto de alimentos, pago de alugueiros, de bombonas de gas ou de produtos hixiénicos.

Para o vindeiro curso, o Centro ten solicitado unha axuda á Xunta de Galicia, para iniciativas sociais co obxectivo de desenvolver distintos cursos e para persoas en risco de exclusión social da comarca de A Limia e tamén se abordará un programa específico para mulleres inmigrantes.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info