Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/08/2017 | 9

Visitas, encontros... canto nos achegan!

Michel, Xoán, Fabien...

03/08/2017 | Lodoselo

   As visitas que temos énchennos de gozo. Especialmente na vivenda comunitaria (a túa outra casa) é un dos mellorres agasallos que ten a xente que alí vive. Nesta primeira semana de agosto coincidiron, entre outras, estas tres. Michel, que a través do Servizo de Voluntariado Europeo, estivera aquí hai uns cinco anos. Xa viñera despois e agora volveu coa súa moza. Lucía con Xoán, que despois de nacer aínda non poidera vir por aquí e veu para que os participantes no Concilia verán e os maiores da vivenda poideramos darlle algúns "coliños". Tamén se presentou Fabien coa súa familia; Fabien foi a primeira persoa que estivo no CDR a través do SVE; hai xa máis dunha década e ten vido despois varias veces... Grazas. Grazas polo que nos achegastes e nos seguides aportando coas vosas presenzas; por manter este vínculo co proxecto, coas persoas...  

Moitísimas grazas a todas e todos; esta entrada, aproveitando -nesta ocasión- estes tres nomes, quere ser un agradecido homenaxe a todas as persoas que nos agasallan co mellor que podemos dar a alguén: o seu tempo.  

Arquivada en: