Accesibilidad

Noticias 

© CDR o Viso | 18/01/2019 | Grupo Limuhe Juevess 17

Limuhe: Dereitos Humanos

Primeira sesión despois do Nadal.

18/01/2019 | Xinzo de Limia

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos recolle en 30 artigos unha importante serie de principios básicos para asegurar unhas garantías mínimas legais ás persoas e colectivos para unha vida digna. O feito de que en 2018 cumpriran 70 anos non significa que o seu contido estee superado ou pasado de moda. Ó contrario, o proceso de involución no ámbito dos dereitos que se está a implantar despois de tres décadas de neoliberalismo converten os contidos desta Declaración Universal en principios que están máis vixentes ca nunca; en moitos lugares do Sur global son aínda aspiracións por conseguirse, mentres que no Norte constitúen un logro ameazado que podería converterse noutra especie máis en perigo de extinción.

Por todo elo, resulta importante popularizar o contido e importancia destes principios. Ademais, constitúen un material onde se entrecruzan diversas temáticas relevantes e resulta un contido moi versátil para ser traballado en distintos niveis.

Nesta sesión de Limuhe, (xuntámonos todos os xoves) debatemos sobre as nosas propias necesidades e as necesidades grupais, reflexionando sobre as situacións que impiden que gran parte dos seres humanos non poidan ter cubertas as súas (violencia, falta de liberdade, desigual reparto dos recursos do planeta…) e analizando recortes da prensa actual que poñen de manifesto que aínda queda moito por facer en cuestión de dereitos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias