Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/02/2023 | Visita del CDR Ancares y ...

Recibimos a visita de admirables militantes rurais de Os Ancares (Lugo)

E gozamos da boa compaña

02/02/2023 | Lodoselo

Este pasado martes, 31 de xaneiro, recibimos a visita no Centro de Inclusión en Lodoselo, sobre todo para ver o tema da cociña e o comedor, interesados polo Servizo de comedor comunitario con subministración externa ou a domicilio (xanta na casa) a Mercedes (traballadora social en Becerreá), Román (xerente da cooperativa A Carqueixa) e Ramiro e David do CDR Ancares (Lugo). Despois tamén estivemos na vivenda comunitaria e finalmente reunidos coa Área económica do CDR nos locais de Xinzo.
Unha alegría para nós recibir xente coa que nos sentimos en sintonía traballando no medio rural. O CDR Ancares e o #CDR O Viso formamos parte da Agrupación de asociacións galegas “#Terra e Xente” da que somos socios fundadores como o CDR Portas Abertas e Euroeume.
Ramiro é un referente para moitísimos de nós; un exemplo de cregos cunha concepción liberadora da fe e da vivencia da galeguidade. Na memoria outros moitos amigos que deixaron unha fonda pegada neste camiño. A Carqueixa é unha cooperativa formada por 200 cooperativistas. A media de cabezas de gando que teñen cada un é dunhas 25 vacas. Moitos aínda fan a transhumancia, recorren uns 20 quilómetros ata os Ancares leoneses. Impulsan a comercialización directa online (diferentes lotes) e a través da tenda O sabor dos Ancares en Lugo. Agora están barallando a posibilidade de preparar pratos precociñados. Algunhas persoas como Mercedes e o mesmo CDR Ancares coñecen ben a realidade rural que pisan e apostan por as sinerxías, por dar respostas axeitadas ás necesidades das persoas, por facer un enfoque da saúde comunitaria. Velaquí un empeño ben interesante: a busca continua de mellorar a nosa misión, que xa é unha misión.
Aproveitamos a xornada para visitar algúns dos espazos e das persoas do CDR, compartimos con  inquietude a alarmante realidade que día a día vivimos, gozamos da boa compaña.... Moitísimas grazas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias