Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/12/2022 | Lourdes cortando el pelo en la V. Comunitaria

Voluntariado, compromiso, solidariedade... 5 de diciembre

O poder da nosa calidade humana colectiva para impulsar un cambio positivo

05/12/2022 | A Limia

Neste 2022 o tema do Día Internacional das Persoas Voluntarias é a solidariedade a través do voluntariado. A campaña destaca o poder da calidade humana colectiva para impulsar un cambio positivo a través do voluntariado.
Gratuidade, xenerosidade, altruísmo... Compromiso, militancia que trae accións transformadoras das estruturas. Ocorre que se acaba tendo o sentimento de sermos os socorristas dos desastres sociais ocasionados polo egoísmo dalgúns individuos e polos intereses dos grupos económicos. E cremos que o auténtico valor da solidariedade é a loita pola xustiza social.
A dura realidade  convídanos, se hai sensibilidade, a que traballemos xuntos para encontrar solucións comúns. Precísanse solucións para os urxentes desafíos dun desenvolvemento sostible e para o ben común.
Un día, o 5 de decembro, para agradecer dende o CDR O Viso a moitas persoas que están sempre que as situacións os requiren. Que sempre se pode contar con elas para que todo siga funcionando o mellor posible; arranxar os pequenos pero continuos desaxustes que aparecen a cada momento. E aí está a veciñanza (nesta ocasión citamos a Lourdes, que cada certo tempo vailles cortar o pelo ós da vivenda comunitaria) e o Suso de Faramontaos, ou o Eloi de Reboreda... (por citar só a tres artistas); tamén os profesionais que acoden sexa a hora que sexa (o Javi Sieiro, os de Sarreauto, o Carlos de Atás...) ou o persoal laboral que sabe que só as boas persoas poden ser boas profesionalmente.
É tamén un día para denunciar que non chega unha solidariedade ligth, descafeinada (individualista, voluntarista) se non se cuestiona o sistema; denunciar ós suxeitos que “parasitan” e restan... Non podemos ser cómplices. Máis alá do inmediato cómpre ser conscientes do sentido e alcance do noso actuar: unha cosmovisión da persoa e da sociedade que queremos construír.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias