Infórmate > Noticias 

Noticias 

Favorecendo a inclusión dos maiores na vida social máis alá da xubilación
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/05/2022 | Lodoselo

Magacín interxeracional

1 de 2

No Pazo de Cultura de Pontevedra onde se celebrou o 32 Congreso Anual de Xerontoloxía e Xeriatría os dous últimos días de abril  tivemos a ocasión de coñecer a moita xente que está a desenvolver un traballo espectacular; unha desas persoas foi Xaime Fandiño que tamén participou na mesa redonda de “comunicación, imaxe social e envellecemento: matan máis os idadismos”. A súa achega levou o título de Aprendendo a envellecer sen manual de instrución na que fixo fincapé en que “as persoas maiores podemos aprender e temos que aprender”; en que “a lonxevidade é unha oportunidade”; en “vivir no teu barrio e morrer na túa casa”; en “estar para que non nos rouben o futuro”.
Ademais Xaime Fandiño foi a Personalidade Xerontolóxica de Galicia SGXX-2021 que xunto coas traballadoras/es dos centros de atención a persoas maiores de Galicia (Personalidade Xerontolóxica do 2020) recibiron os recoñecementos da SGXX.
Este profesor xubilado da USC pilota un proxecto de innovación social interxeracional para promover o envellecemento activo e desterrar o idadismo www.deteriorados.com E mesmo gozamos na noitiña do primeiro día do Congreso do rock interxeracional do grupo "Deteriorados" que el coordina. Como tamén foi realizador e director de diferentes programas na TVG falounos doutro proxecto no que están a traballar e da posibilidade de vir gravar a Lodoselo; así que o vindeiro xoves día 19 estarán aquí.

Así nos adiantan o asunto: “Estamos a gravar un novo programa para a TVG, un magacín interxeracional que se desenvolve entre plató e o exterior. Trataremos aspectos presentes na vida dos maiores, e tamén dos novos, coa vocación de potenciar as relacións interxeracionais, alonxadas de calquera tipo de discriminación ou estigma etario, e favorecer a inclusión dos maiores na vida social máis alá da xubilación.” Nese empeño estamos, polo que velaquí outra oportunidade para seguir aprendendo, para seguir tratando de eliminar os estereotipos, prexuízos e actitudes discriminatorias por razón da idade.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies