Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 23/11/2021 | Ceip Sandiás

Nos colexios rurais tamén aprendemos a previr e combater as violencias machistas.

 Estivemos nos CEIP de Baltar e Sandiás

23/11/2021 | A Limia

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” comezou a súa campaña de sensibilización contra as violencias machistas nos colexios rurais da Limia na semana do Día Internacional da Eliminación das Violencias contra as Mulleres.

Os CEIP de Baltar e Sandiás participaron nas actividades que deseñou e desenvolveu o equipo de profesionais do CDR.

Case trinta escolares de Primaria traballaron arredor dos tipos de violencia, das súas principais manifestacións e especialmente, na prevención das condutas que perpetúan os roles hexemónicos de xénero e que poden desembocar en comportamentos machistas e violentos contra as nenas, mozas e mulleres.
Esta campaña continuará os próximos días no resto de colexios da comarca: Sarreaus, Os Blancos, Vilar de Barrio e Rairiz de Veiga.
Resultaron nomeadamente interesantes as reflexións da poboación máis nova arredor da galopante toxicidade nas relacións interpersoais e da corresponsabilidade de mulleres e homes na loita contra a lacra do machismo.

Estas actividades están financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade, mediante as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, da convocatoria do ano 2020.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias