Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 01/10/2021 |

Equidade dixital para tódalas idades

Celebramos o Día Internacional das Personas Maiores

01/10/2021 | Lodoselo

No Día Internacional das Persoas Maiores que se celebra hoxe, 1 de outubro, no noso Centro seguimos coas faenas propias destas datas de comezos do outono. E aínda que veu o xabaril para esnaquizar o millo, que Pili e Eloy sementaron e coidaron, aínda quedaron algunhas  mazorcas que hoxe estivemos a debullar para os animais dos nosos galiñeiros.  
É unha data que recoñece o rol tan importante que teñen as persoas maiores na nosa sociedade e que cobra especial relevancia na actualidade ante o cambio demográfico. A situación, sumada ao aumento do illamento social tras a pandemia, agudizou as problemáticas deste colectivo.
O tema deste 2021 do Día Internacional das Persoas de Idade, "Equidade dixital para todas as idades", fai fincapé na necesidade de que as persoas de idade teñan acceso e unha participación significativa no mundo dixital. Por iso engadimos esas fotos da vecindade de Laroá onde contribuímos á alfabetización dixital.
António  Guterres, Secretario Xeral da ONU manifestaba: “Se as persoas de idade poden acceder ás novas tecnoloxías, aprendelas e utilizalas, estarán mellor equipadas para axudar a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que constitúen o noso chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e velar por que, en 2030, todas as persoas gocen de saúde, paz e prosperidade”.
A cuarta revolución industrial caracterizada por unha rápida innovación dixital e por un crecemento exponencial, transformou todos os sectores da sociedade, incluída a forma na que vivimos, traballamos e relacionámonos. Os avances tecnolóxicos ofrecen grandes esperanzas para acelerar o progreso cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS). Con todo, a metade da poboación mundial vive sen conexión a Internet. As diferenzas máis evidentes reflíctense entre os países máis desenvolvidos e os menos desenvolvidos. Así mesmo, informes recentes indican que as mulleres e as persoas de idade experimentan unha desigualdade dixital en maior medida que outros grupos da sociedade. Carecen de acceso ás tecnoloxías ou a miúdo non se benefician plenamente das oportunidades que ofrece o progreso tecnolóxico.
Ao mesmo tempo evidenciáronse novos riscos. Por exemplo, os delitos  cibernéticos e a desinformación ameazan os dereitos humanos, a privacidade e a seguridade das persoas maiores.
A Década do Envellecemento Saudable (2020-2030) é unha oportunidade para mellorar as vidas das persoas maiores, as súas familias e as comunidades nas que viven. O envellecemento da poboación está a piques de converterse nunha das transformacións sociais máis importantes do século  XXI. E os Días Internacionais dannos a oportunidade de sensibilizarnos sobre temas de gran interese, tales como os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde.

https://www.un.org/es/observances/older-persons-day

Arquivada en:
Infórmate > Noticias