Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/04/2021 | TICs

O CDR en loita contra a fenda dixital

Co apoio da #FundaciónEDP e a cruz solidaria

13/04/2021

Un dos obxectivos das iniciativas sociais na comarca da Limia por parte do CDR O Viso é emprender actuacións que permitan a persoas sen medios e/ou sen coñecementos non perder o tren da sociedade da información. Seguimos arrastrando o termos perdido o da industrialización e non queremos perder o da dixitalización.

En tempos de pandemia o camiño cara a dixitalización tomou unha velocidade que non comprende, moitas das veces, de situacións de carencia ou dificultades de acceso ás TIC's, sobre todo no rural. Citas por internet, trámites administrativos -ata inclusive realizar a declaración da Renda entre outras- son só exemplos de como a sociedade virtual está cada día máis presente nas nosas vidas e na nosa comarca.

Para apoiar, orientar e axudar á inclusión o CDR O Viso continúa emprendendo accións de préstamos de material informático en casos significativos.

Material financiado, entre outras vías, pola casilla do 0,7 na declaración da Renda. Tamén pola aprobación do proxecto presentado á  #FundaciónEDP que supuxo para nós unha alianza máis neste empeño compartido de dar respostas axeitadas ás necesidades específicas do noso medio rural. Xa que posibilita que “pensando nas persoas” (e sobre todo nas máis maiores) reforcemos os servizos de proximidade. Coidar uns doutros forma parte da nosa identidade; ese coidado delata a nosa fraxilidade e a nosa humanidade. Necesitamos ser coidados, coidar e coidarnos.


E o coidado dos demais non é só para que esmoreza a nosa vulnerabilidade, tamén para avanzar, medrar. Coa continua incorporación das TICs, que nos posibilitou a #FundaciónEDP lembramos que a OMS establece como meta prioritaria para este s. XXI o seu uso para mellorar a calidade de vida.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias