Accesibilidad

Noticias 

© cdr o viso | 30/10/2018 | jornada salud bucal

LIMUHE: Hábitos de vida saudábeis

Medidas básicas para unha axeitada saúde bucal.

30/10/2018 | Xinzo de Limia

Grazas a Clínica Dental CEOX as nosas usuarias disfrutaron na tarde de onte dunha nova xornada de promoción da saúde relacionada cos hábitos de vida saudábeis. Moi práctica, entretida e onde aprenderon e refrescaron os contidos relacionados coa hixiene bucal.

Si a nosa boca ten algunha enfermidade, a nosa saúde física verase afectada, a nosa dixestión e icluso a nosa autoestima. Por esto que a a saúde bucal é tan importante, e faise necesario que nos preocupemos por ter un bo hábito de hixiene e de acudir ao dentista como é recomendado. Coma sempre, é mellor previr que curar.

Moitas grazas a Silvia, Raquel e Carmen que tiveron a amabilidade de adicarnos o seu tempo e recursos, tanto materiais como humanos, para que se levara a cabo a actividade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias