Noticias
© CDR O Viso | 28/10/2018 | 1
Participamos nas IV Jornadas Técnicas sobre os Carvalhos
Na palestra Educar para o futuro
28/10/2018 | Campo do Geres (Terrras de Bouro. Portugal)
Este venres e sábado, 26 e 27 de outubro participamos nas IV Jornadas Técnicas sobre os Carvalhos, Educar para a floresta autóctona, no Museu de Vilarinho da Furna, Campo do Gerés.
Interesantes días nun espazo espectacular e arredor dunha temática atraínte: educar para a floresta autóctona; co Carvalho, a árbore de Portugal, dándolle título e convocando a un bo número de educador@s pero tamén propietarios de terreos con árbores, técnicos... para abordar: educar para o futuro (a palestra na que nón participamos como ponentes), educar para o amanhâ, educar para beneficiar. No horizonte a concienciación crítica sobre a problemática ambiental.
Pero ademais das palestras tivemos talleres sobre a necesidade de incluír a flora silvestre na alimentación e de silvicultura do carballo, degustación de produtos locais e de producos feitos tamén con landras de carballo.
Ademais doutra singular actividade nocturna: baños de floresta. Unha gozada compartir estas xornadas cunha xente que son verdadeiros gardiáns, entusiastas da floresta autóctona. Moitas grazas por convidarnos.
Vilarinho da Furna: un pobo romano, un pobo comunitario afogado por Salazar. Velaquí algúns enlaces de interese.
https://destinoinfinito.com/vilarinho-da-furna/
Arquivada en:
Infórmate > Noticias