Noticias
© CDR O Viso | 03/02/2018 | 1
A SGHN celebra o día Mundial dos Humidais
Cunha xornada de campo divulgativa
03/02/2018 | Lodoselo
Onte, 2 de febreiro, cumpríronse 47 anos da Convención Internacional sobre os Humidais, celebrada en Ramsar (Irán), e 7 anos da constitución da Sección Antela da SGHN. Conmemorando a data da Convención de Ramsar, dende 1997 cada 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais; neste ano co lema: "Os humidais urbáns fan que as cidades sexan habitables".
A Sección Antela de SGHN celebrou hoxe o Día Mundial dos Humidais e o seu propio aniversario cunha xornada de campo divulgativa das restauracións de humidais que está a desenvolver no complexo húmido Limia-Antela.
E, un ano máis tivemos a sorte de acollelos, para xantar, nas dependencias do CDR O Viso, en Lodoselo. Despois poidemos ver o espectacular traballo que fixo Tomás García, que recolleu nuns paneis informativos o feito no humidal Antonio Villarino nas Veigas de Vilaseca; e ademais gozando das explicacións de todo o proceso (empregando como punteiro un pau de toxo) de Serafín González Prieto.
Arquivada en: