Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/06/2017 | Encuentro

Xuntanza das familias participantes no programa de Ed. Inf. familiar

02/06/2017 | Lodoselo

Na tarde deste venres 2 de xuño tivemos unha xuntanza en Lodoselo a maioría das familias participantes, ó longo do curso, no programa de Educación Infantil Familiar na Limia, que desde hai dous anos está organizando o CDR O Viso. Participaron familias de todos os Concellos da Limia, xuntándonos unhas 150 persoas aproximadamente. 

Estas familias véñense reunindo nunha sesión semanal ou quincenal no seu pobo ou Concello con outras familias e contan cunha profesional especializada nesta labor de acompañamento ós pais/nais ou titores das crianzas na etapa de 0 a 6 anos.  

Os educador@s, traballador@s do CDR O Viso e persoal voluntario animaron os distintos obradoiros e actividades que ó longo da tarde se desenvolveron despois de comezar facendo unha roda e cantando. Amasar e cocer un boliño de pan no forno comunitario; dar un paseo no carro do burro Fariñeiro e pan ás ovellas; escoitar o conto do carballo con botas e prantar unha árbore; xogos de auga; xogos co paracaídas e un obradoriro artístico, foron as ocupacións destas familias que gozamos dunha espectacular tarde para rematarmos merendando tod@s xuntos.  

Se queredes ver algunhas imaxes deste encontro tedes un enlace aquí a continuación que pon "Xuntanza 2 de xuño en Lodoselo". 

Arquivada en: