Infórmate > Noticias 

Noticias 

Interesante xornada de formación
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/11/2016 | Lodoselo

Sobre Nutrición e Diabetes

1 de 6

   Nesta tarde do 16 de Novembro, día internacional para a Tolerancia, no Centro de Inclusión tivemos, como estaba programado, o obradoiro de saúde sobre Nutrición e Diabetes. Uns corenta participantes da contorna, entre os que temos que salientar ó pesoal do CDR ( os cociñeir@s, as profesionais que traballan na vivenda comunitaria, no Centro de Inclusión, voluntari@s); unha mostra, dicimos no CDR, de que a calidade non é un estado conseguido senón un proceso de cambio e búsqueda permanente. Na teima da formación continua aprendemos da man de Miriam e Pablo algo máis sobre a diabetes; os tipos, as medicacións, pero sobre todo, a importancia de ter un estilo de vida saudable. Con algúns datos impactantes como que máis de 400 millóns de persoas viven con diabetes na actualidade e un de cada dous está sen diagnosticar...   

Por isto detallaron todo o referido ás comidas principais e a lóxica de facer un consumo en funcion do grao de actividade física; tamén a importancia da normalización naquelas mesas onde hai persoas diabéticas porque ó final o que debemos é comer todos sano. Por iso estivemos vendo dietas que máis que para diabéticos, que tamén, o son para tod@s; o mesmo fixemos coas equivalencias, os consumos ideais diarios, a lista da compra.

Rematamos compartindo uns "doces" preparados para a ocasión con "estevia" e, de novo, coa axuda de Miriam, Pablo e tamén Lorena (moitas grazas) medicións de glucosa, cómo se administra a insulina... Así que rematamos a xornada coa idea ben clara de que "somos o que comemos", que "non se pode vivir para a diabetes senón convivir con ela".

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info