Infórmate > Noticias 

Noticias 

Día Mundial contra a SIDA 2016
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

02/12/2016 | Xinzo de Limia

1 de 7

O pasado xoves estivemos nos institutos Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela por mor do Día Mundial contra a SIDA.

Grazas á colaboración de Isabel, enfermeira e voluntaria de Cruz Vermella, púidose ofrecer ao alumnado de cada centro unha xornada moi completa. Tocáronse numerosos aspectos máis alá do propio VIH, centrándonos sobre todo en informar das infeccións de transmisión sexual (ITS).

Da experiencia, aínda que satisfactoria, temos que extraer resultados preocupantes. E é que se algo chamou a nosa atención foi o escaso (por non dicir nulo) nivel de formación sobre o tema por parte do alumnado, neste caso, da ESO. Cómpre cavilar sobre qué se está facendo mal para que haxa tales descoñecementos en temas tan relevantes para xeracións deste tipo.

Habemos pois de adquirir un novo compromiso con este tema e non deixar de incentivar que a xente se protexa á hora de ter relacións, non só para evitar embarazos non desexados, senón tamén previr enfermidades de trasmisión sexual. No CIX da Limia, no número 1 da Praza Maior de Xinzo, podémosvos ofrecer dende información a preservativos con total confidencialidade e gratuidade; non dubidedes en achegarvos se tedes algún tipo de dúbida.

Todo sexa por evitar problemas como o lembramos cada primeiro de decembro.

Arquivada en:

O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > C. Área de Formación e Información > C.1- CIX da Limia

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info