Infórmate > Noticias 

Noticias 

Valoración moi positiva da II campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene: Contribuindo ó local, contribúes contigo
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

20/12/2016 | Xinzo de Limia

Recollidos 800 kg de produtos

1 de 1

Algunha xente dicíanos nos primeiros días que unha nova campaña neste momento non era o máis adecuado: a do Banco de Alimentos e a da parroquia aínda estaban na memoria e una vez máis puñamos a proba a caridade da xente da comarca para que quen máis o precisa non pasase ganas de dar aos seus máis estas festas. O resultado, como non, un novo éxito.
A xente da Limia móvese cando de causas sociais se fala e unha vez máis podemos falar dun logro non só para nós, senón para a imaxe que esta sociedade limiá proxecta. En torno aos oitocentos kilos de alimentos, produtos de hixiene e incluso xoguetes remataron nos carriños dos supermercados. Cabe destacar a aportación de legumes en bote, o leite UHT, conservas e —sobre todo— produtos de hixiene e limpeza básicos como deterxente, xel, champú, compresas ou papel hixiénico. Os estantes de pastas, arroz e galletas en Lodoselo quedaron ateigados.
Lembrar, como non pode ser doutro modo, que esta actuación enmárcase no Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social, subvencionado un ano máis á baixa dende o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a cargo da convocatoria do IRPF 2016, do mes pasado a outubro do próximo ano. Destacar tamén a aportación da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, restando esperar a da Deputación de Ourense, como vén sendo habitual nos últimos anos. Trátase dun programa complementario ás intervencións dos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos nos que residan as persoas beneficiarias.
O mércores 21 ás 18:00h pasaremos a recoller produtos doados por COREN ó almacén do Banco de Alimentos no Polígono San Cibrao. O reparto mensual deste mes de decembro e o derradeiro deste ano terá lugar o xoves 22 a partir das 11:00h na Praza de Abastos de Xinzo de Limia. Toda persoa que retire terá realizada unha valoración previa. Aquelas persoas que estean a pasar por situacións de necesidade enfrontadas poden achegarse polas nosas dependencias da Praza Maior a solicitar cita ou pedila por teléfono no 988461571, para vindeiras ocasións.
Dito isto, só nos queda ser tan agradecidos como a época de Nadal nos invita a ser. Grazas de novo aos supermercados e as súas empregadas, ás entidades que colaboraron, a parroquia de Santa María de Couso, ás voluntarias e voluntarios que fixeron que os carros se enchesen nun intre e tamén nun intre se levasen a Lodoselo.
E, sobre todo, moitísimas grazas a todos e todas as que aportastes o voso anaco de solidariedade para contribuir a que o necesario sexa posible. Vós facedes mellor esta sociedade.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > B. Servizos de Proximidade > B.1- Programa de Emerxencia Social

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info