Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/12/2016 | prevención riesgos cdr o viso

O curso de prevención de riscos laborais pechou as xornadas de formación para o equipo do CDR O Viso

Pecha o ciclo de formación para a plantilla do CDR

14/12/2016 | Xinzo de Limia

Onte á tarde tivo lugar a formación sobre prevención de riscos laborais para empregados e empregadas do CDR.

Con esta, péchase a xeira de actuacións formativas co fin de capacitar ao noso persoal. Neste tempo leváronse a cabo formacións sobre a diabetes, o alzheimer e, agora, de riscos do posto de traballo.

No CDR consideramos a formación como una vía clave para o avance social, realizando numerosos cursos ao longo do ano abertos ao público e para colectivos en exclusión ou risco dela. Poder traballar este eido tamén coa xente que traballa xunto con nós cada día é unha satisfacción e unha nova actuación de cara á idea de que se hai que formar durante toda a vida.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias