Infórmate > Axenda de actividades

Axenda de actividades

Migracións da aves e cambio climático
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

21/05/2022 - 31/05/2022 | Lodoselo e Vilar de Santos

Mercado de Artesanía e Produto local

1 de 2

O vindeiro sábado día 21 de maio temos dúas citas ben interesantes. En Lodoselo, no albergue do Pobo-escola (no que era a antiga casa reitoral) ás catro e media da tarde (16.30h) poderemos participar nunha interesante charla sobre as Aves migratorias e o cambio climático. Da man do Víctor e o Tomás que xa organizaron e participaron na que se realizou no Ateneo (Ourense) e grazas tamén a Antonio Ferreirós Lama (e Sula) e a Serafín González Prieto, membros e Presidente da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural). 
A curiosidade que as migración das aves sempre espertaron, datos espectaculares, datos que parecen de fantasía e que siguen impresionándonos; a nosa anduriña que con só 20 gramos e unha apariencia delicada regresan cada ano despois de recorrer máis de 5.000 kilómetros, resistindo tormentas de auga,  de area... para, entre otras accións, eliminar ata 1.700 moscas e mosquitos por día, que é o caso dunha parella que esté alimentando a súas crías.
A importacia das zona húmidas na Conservación da Biodiversidade, cómo a actividade humana e o cambio climático as están afectando; con datos da nosa comarca, da Limia. Esperámosvos en Lodoselo.
A outra cita é en Vilar de Santos no que neste mesmo día terá lugar o VIII Mercado de Artesanía e Produto local; concertos, contos, postos de produto local e artesanía; tamén unha palestra na que estará representado o CDR O Viso, coa presenza da Lucía e a Paula.

Arquivada en:

Infórmate > Axenda de Actividades

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Axenda de Actividades

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies