Accesibilidad

Axenda de actividades

© Tomás García | 01/09/2018 | Puerta Lodoselo

Retos e oportunidades

Xornada sobre o despoboamento no medio rural galego

29/09/2018 - 01/09/2019 | Sarreaus

Dentro dun programa de "Sensibilización e concienciación do despoboamento e a necesidade do emprendemento no medio rural" impulsado desde COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural), Galicia será unha das oito Comunidades Autónomas onde se realizará unha Xornada de formación. “Paremos o despoboamento: o medio rural como alternativa de futuro” recolle espertar a conciencia sobre a alarmante situación dos nosos pobos e ao mesmo tempo a aposta por ver neste problema unha potencialidade.

Os  CDR (s) Portas  Abertas e O Viso organizan para o sábado 29 de setembro un atractivo encontro en Sarreaus, na Casa do Concello, no que a partir da 9.45 hs irase acollendo ás persoas que desexen participar e inmediatamente Tamara  Balboa – Presidenta de  COCEDER e Coordinadora do  CDR Portas  Abertas- e  Rudesindo Lamas -Alcalde de Sarreaus-, abrirán a xuntanza.

Sobre as 10.15 hs o Profesor de Economía Aplicada na USC, Edelmiro López, coautor do documento "Unha estratexia para a Galicia Rural do século  XXI. Diagnóstico e propostas para o debate" axudaranos a analizar a realidade e a reflexionar e debater sobre ela.

Tras un tempo para o café, coñeceremos de primeira man algunhas experiencias do Estado Español, Portugal e de Galicia. Dous exemplos de boas prácticas en cada un destes territorios que son mostra de que tamén aquí "querer é poder", que se se fai unha aposta decidida polo medio rural (activación laboral, emprendemento...) a tendencia  despoblacional dá un xiro.

Animarvos a participar neste encontro. Aberto para as persoas interesadas nesta temática, agradecemos que dalgunha maneira nos fagades chegar a vosa intención de vernos ese día. Podedes facelo avisando en calquera dos dous  CDR (s) Portas  Abertas e O Viso; polo medio que  vos pareza: teléfono, correo  elctrónico.

http://www.cdrportasabertas.org/                                  http://www.cdroviso.org/

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades