Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 21/11/2017 | cartel

Territorio felicidade

Evento de desenvolvemento persoal

01/12/2017 - 02/12/2017 | Xinzo de Limia

O día 1 de decembro a partir das 19:30hs no auditorio da Casa da Cultura terá lugar este evento benéfico no que participarán dous recoñecidos conferenciantes como son Juanma Quelle (coach, conferenciante e escritor, nativo de Vilar de Santos) e Pedro Campos. Un español, Juanma Quelle, e un cubano, Pedro Campos, que se uniron nunha iniciativa destinada a facer más ditosos ós que se acerquen ó 'Territorio felicidade'. Un evento de desenvolvmento persoal innovador e divertido onde as reflexións mestúranse con exercicios, ferramentas e diversión.

Juanma Quelle é experto na creación e dirección de redes de ventas. Traballou durante 20 anos na área comercial de varias empresas públicas e privadas. Os últimos como director comercial e de marketing no Grupo Correos.
En 2014 decidiu poñer toda a experiencia acumulada nestes anos ó servizo da súa verdadeira vocación. Adestrar persoas e organizacións para que logren os seus obxectivos. "Non se trata de chegar a todo senón de vivir o que alcanzas"

Pedro Campos e a Percuterapia: un método capaz de contribuír ó desenvolvmento persoal e á integración social das persoas con trastornos mentais, necesidades educativas especiais, da terceira idade ou que sofren de estrés.. Cando Pedro Campos chegou por primeira vez a España en 1995, como parte da agrupación musical 'Juego de Manos', non imaxinaba que máis de 20 anos despois a súa música serviría non só para bailar senón para sanar e facer felices a moitas persoas. A percuterapia mellora significativamente a memoria, o rendemento corporal, o equilibrio psicolóxico e emocional así como a percepción e a motricidade. Tamén notaron unha melloría das respostas psicofisiolóxicas coma o ritmo cardíaco, amplitude respiratoria, tránsito intestinal e o balance metabólico.

Agradecemos a estas dúas persoas a súa colaboración coa causa do CDR O Viso e a toda a vecindade que teña a ben participar nesta actividade coa que nos axudan a axudar. Hai entradas a un prezo simbólico de 3 euros; quen queira donar outra cantidade maior pode facelo.

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades