Accesibilidad

Axenda de actividades

Actividades, obradoiros... para a eliminación da violencia de xénero

Con motivo do 25 de novembro

20/11/2017 - 27/11/2017 | A Limia

Neste 16 de Novembro, declarado día Internacional da Tolerancia e da Filosofía polas Nacións Unidas, difundimos as actividades que temos preparadas para a celebración doutra data significativa; a do 25 de novembro, a do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.

Se as claves da Filosofía son a reflexión e a sabiduría (outros falan do asombro como raíz da filosofía) queremos reiterar a nosa loita polo respecto dos dereitos fundamentais, a "Tolerancia cero fronte á violencia de xénero". E xa que persoa, engloba tanto á muller coma ó home, ós dous se lle debe aplicar o trato digno que como persoas merecen. 

Actividades nos Ceips da comarca, nos IES de Xinzo, Obradoiro e proxección na Casa de Cultura de Xinzo, Mesa informativa, lectura do manifesto, partido de fútbol sala "a prol da igualdade"... Unha manchea de accións para, un ano máis, seguir loitando contra este trastorno persistente da sociedade na que vivimos. 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades