Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 26/03/2015 | Reparto Marzo 2015

Programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social. Marzo

25/03/2015 - 25/04/2015 | Xinzo de Limia

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” repartimos o mércores 25 de marzo, como é habitual na última semana de cada mes, produtos de alimentación e hixiene básicos e bombonas de gas a familias con necesidades emerxentes.

Neste mes deuse apoio a un total de 12 unidades familiares, un total de 50 persoas beneficiarias.

Cabe destacar que vimos de recibir un importante lote de produtos non perecedoiros doados por GADIS para apoiar o programa. Continuamos a contar con persoas voluntarias para organizar os lotes de alimentación e hixiene, previo ao seu traslado ao almacén 7 da Praza de Abastos que o Concello de Xinzo cede para estes repartos.

A veciñanza está solidarizándose coas necesidades máis enfrontadas da poboación, recuperando a idea da reciprocidade “hoxe por ti e mañá por min” como acostumaba a facerse nas aldeas, pois en tempos de necesidades brotan os lazos de colaboración entre as persoas.

O C.D.R. “O Viso” obtén financiamento para o desenvolvemento deste programa dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2014, o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades