Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 06/03/2015 |

Club de emprego

E posta en marcha dun obradoiro formativo. "Proxecto Re-invéntate" 

26/02/2015 - 30/09/2015 | A Limia

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” puxo en marcha o 26 de febreiro o Proxecto “Club de emprego” que contou coa participación de persoas que desexan manterse activas e medrar tecendo sinerxias entre a veciñanza, nun momento no cal o desemprego de longa duración conduce ao risco de exclusión social. Puxéronse as bases para tratar de desenvolver un grupo cohesionado e as actividades continuarán celebrándose mensualmente o terceiro xoves de cada mes.

Por outra banda, o 5 de marzo celebrouse o segundo Obradoiro formativo “Como buscar emprego” (Proxecto Re-invéntate) na Casa da Cultura de Xinzo de Limia onde traballamos os obxectivos profesionais das e dos participantes e as técnicas pasivas e activas para a busca de emprego, poñendo en valor a utilización destas últimas, xa que na actualidade debemos ir buscar o emprego e non agardar a que el veña a nós. Así pois, practicamos a elaboración de cartas de presentación para aprender a realizar autocandidaturas.

Nos vindeiros meses continuaremos co Proxecto Re-invéntate os primeiros xoves de cada mes, coa vista posta na práctica de entrevistas laborais, o autoemprego e a busca activa de emprego a través da Internet.

Esta abordaxe grupal que parte do enfoque do Traballo social con grupos é unha das liñas de intervención do Programa Ruralempréga-T que obtén financiación dende o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia e é cofinanciado cun 80% do Fondo Social Europeo. Asimesmo, tamén se obtén financiamento dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad do Goberno de España.

Sendo preguntados e preguntadas sobre o que esperaban do grupo e o que pensaban aportar eles:

“Sacar algo positivo da convivencia entre todas e todos…”.
“Novas ideas e experiencias”.
“A miña experiencia vivida”.
“Comprensión e compañeirismo”.
“O mellor de min”.
“Intentar axudar ás demais”.
“Atoparme a gusto e sentirme arroupada por persoas na mesma situación ca min”.
“Ver as experiencias das demais persoas e aprender delas”.
 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades