Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 23/11/2020 | Cartel 25 N

Xornadas de Prevención de Violencia de Xénero nos CEIP e IES

Campaña do 25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

23/11/2020 | Xinzo de Limia

Cada 25 de Novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación contra a Violencia, e un ano máis, o Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", xunto co Centro de Información á Muller (CIM) e a Cruz Vermella Xuventude dende a Asamblea Comarcal de Xinzo de Limia, baixo o lema "NON TÓDALAS FÓRMULAS VALEN. O AMOR CONSTRÚE, NON DESTRÚE", levaremos a cabo Xornadas de Prevención de Violencia de Xénero os días 24 e 25 de Novembro nos CEIP e IES da comarca. Serán unhas xornadas de información e debate coa finalidade de concienciar e sensibilizar ao alumnado da Limia da importancia da igualdade entre mulleres e homes.
Dada a situación xerada pola COVID-19, estableceranse tódalas medidas precisas, incluídas no protocoloo de actuación presentado a cada centro.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias