01/01/2017 - 15/10/2017 | A Limia
Orientación sociolaboral para a xuventude
1 de 1
© CDR O Viso
“Constrúe o teu futuro” é un proxecto a través do que queremos fomentar a activación da xuventude limiá en risco de exclusión social a través de accións de orientación e animación sociolaboral e formativas, baseándonos nalgúns dos obxectivos da Estratexia Europa 2020 como a sosteñibilidade e a innovación.
O obxectivo xeral é promover a empregabilidade da mocidade limiá mediante o empoderamento e potenciación dos seus recursos persoais.
Os obxectivos específicos:
· Adquirir maior autonomía para a procura da formación e a busca de emprego por parte da mocidade participante.
· Conectar as aprendizaxes informais co futuro laboral da mocidade.
· Tecer sinerxias entre o sistema educativo formal e non formal, co resto de axentes socioeducativos da comarca potenciando a empregabilidade da mocidade.
As accións que se están realizando para conseguir este obxectivos son:
1- Orientación laboral individualizada
2- “ACTIVA+!” obradoiros de animación sociolaboral en grupo
3- Actividades de activación sociolaboral nos Institutos de educación secundaria da comarca.
Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social - Xefatura Territorial do Servizo de Xuventude e Voluntariado - Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas na programa Iniciativa Xove.
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades