Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/10/2017 | 1

Obradoiros de activación sociolaboral.

CONSTRÚE O TEU FUTURO. Iniciativa xove

06/10/2017 | A Limia

Esta semana estivemos cos obradoiros de activación sociolaboral nos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía poñendo o punto e seguido ao Proxecto “Constrúe o teu futuro” a través do cal quixemos fomentar a activación da xuventude limiá.

Este proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social - Xefatura Territorial do Servizo de Xuventude e Voluntariado - Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas na programa Iniciativa Xove.

As actividades consistiron nunha atención individualizada e personalizada onde lles orientamos cara a formación e a busca de emprego dende o Centro de Información Xuvenil de Xinzo de Limia, e tamén desenvolvemos actividades grupais de orientación laboral ao longo do ano tanto nas nosas instalacións de Lodoselo como nalgúns espazos públicos de Xinzo de Limia.

Aínda que remataron as actividades grupais, este é un proxecto de continuidade e no Centro de Información Xuvenil seguiremos asesorando tanto á mocidade como á poboación xeral sobre cuestións de formación e emprego.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias