Infórmate > Axenda de actividades

Axenda de actividades

Curso 2016/17 de Educación Infantil Familiar na Limia
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/09/2016 - 30/06/2017 | A Limia

1 de 3

O CDR “O VISO” inicia o novo curso de Educación Infantil Familiar na Limia.

Grazas á boa acollida e alta participación das familias, este programa -financiado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad-, conta ademais  co apoio económico de La Caixa Xinzo de Limia e  a Fundación Espadaña.
Esta semana comezan as reunións para informar ás novas familias do funcionamento do programa e establecer con elas, e coas que volven participar, os horarios e lugares de celebración das xuntanzas este novo curso. Trátase de crear espazos de intercambio e reflexión para realizar actividades relacionadas coa crianza e a  educación das fillas e fillos, que poderán relacionarse con outros semellantes, xogar e participar en situacións de aprendizaxe, descubrimento, comunicación…

VINDEIRAS REUNIÓNS INFORMATIVAS:
Mércores 21 setembro: 9:30h CEIP CARLOS CASARES-11:30h CEIP ROSALÍA DE CASTRO
Xoves 22 setembro: 10:30h CEIP Sarreaus
Luns 26 setembro: 11:00h Trasmiras
Martes 27 setembro: 11:15 CEIP Os Blancos
Mércores 28 setembro: 11:00 CEIP Cualedro

O persoal do CDR “O Viso” encargado deste programa participa e colabora novamente nas reunións pedagóxicas  da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Lugo (herdeira do legado material e inmaterial de Preescolar na Casa), que mantén en funcionamento un servizo socioeducativo familiar en moitas comarcas de Lugo e da Coruña.

Se es nai, pai ou o vas ser, e queres participar nalgunha das xuntanzas contacta con nós:
Praza Maior 1, 1ºC –Xinzo de Limia
Tlf. 988461571
eduinfam@cdroviso.org

Ou séguenos a través da páxina web ou facebook, onde iremos colgando novas e información de interese:  http://www.cdroviso.org

Cdr O Viso Educación infantil Familiar na Limia

Arquivada en:

Infórmate > Axenda de Actividades

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Axenda de Actividades

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info