Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 09/04/2015 | Taller de emp.

“Preparación e práctica de entrevistas laborais”

Obradoiro Acción formativa 3

09/04/2015 - 09/04/2016 | Xinzo de Limia

Un mes máis as persoas participantes nos itinerarios personalizados de orientación sociolaboral, do Programa Ruralempréga-T do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, que incorporan estas acción formativas de grupo para a promoción da sociabilidade e o entrenamento das técnicas de orientación laboral en grupo, xuntáronse na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o pasado xoves 9 de abril para practicar as entrevistas laborais.

A mañá comezou compartindo a busca de emprego das e dos participantes. Deseguido, explicouse a importancia da respiración como predisposición para as entrevistas, componentes verbais e non verbais. A continuación, formouse sobre entrevistas de traballo, dando a oportunidade ás persoas participantes a entrenar cada unha delas unha especie de simulacro de entrevista, coa idea de fomentar a súa autonomía e que dispoñan dunhas técnicas que lles permitan mellorar o seu nivel de empregabilidade.

O C.D.R. “O Viso” obtén financiamento para o desenvolvemento deste programa dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2014, o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades