Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O viso | 29/01/2015 |

Porque non queremos quedar PARADAS/OS

PRESENTACIÓN PROGRAMA RURALEMPREGA-T.
OBSERVAMOS, REFLEXIONAMOS XUNTOS E ACTUAMOS.

29/01/2015 - 30/11/2015 | A Limia

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” presentamos a mañá do 29 de xaneiro e, un ano máis, o Programa Ruralempréga-T que pretende a mellora da calidade de vida da poboación limiá que poida atoparse nunha situación de risco ou exclusión social mediante a metodoloxía de itinerarios personalizados de orientación sociolaboral, accións informativas, de prospección e intemediación laboral...

Dende hai uns anos acostuma a falarse de “exclusión social” para referirse a aquela poboación que, privada daqueles dereitos básicos de cidadanía, ten unha carencia nalgunha área vital que afecta á súa calidade de vida.

Así pois e, nos próximos meses, desenvolverase o primeiro xoves de cada mes un obradoiro formativo sobre algunha temática en relación á busca de emprego. O primeiro será o día 5 de febreiro onde falaremos de “autoanálise e mercado laboral na Limia”. Ao mesmo tempo, desenvolvermos un “club de emprego” que incide sobre as consecuencias que o desemprego de longa duración conleva; é dicir, baixa autoestima, desánimo… Este terá lugar o terceiro xoves de cada mes, salvo no mes de febreiro que se retrasará ao día 26, con motivo da recuperación trala celebración do noso entroido. Por suposto que aquelas persoas que queiran acudir poden porse en contacto con nós no 988461571 ou no enderezo electrónico areasocial@cdroviso.org.

Este programa é financiado polo Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia e conta coa cofinanciación nun 80% do Fondo Social Europeo e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través da convocatoria do 0,7% do IRPF. É de agradecer a cesión por parte do Concello de Xinzo de Limia da aula 7 da Casa da Cultura para podermos dispor dun espazo público ben equipado e con calefacción para podermos desenvolver os obradoiros grupais para a promoción dunha busca activa e planificada de emprego.

O C.D.R. continúa a velar polos dereitos humanos da cidadanía e a xustiza social cunha intervención local a favor da xente que máis o precisa a través dunha estratexia integral que promove o benestar daquela poboación máis enfrontada ás consecuencias do desemprego e decepcionada pola mellora da economía de mercado, pero non vendo unha mellora no seu complicado día a día.
Xa se pode pedir cita por email, á dirección: areasocial@cdroviso.org;  por telefono no 988461571, ou acudir á oficina situada na Praza Maior, 1 – 1º C (Xinzo de Limia) os luns de 10 a 12, mércores de 16:30 a 18:30 

Mais información:
Telf: 988 461 571 
 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades