Infórmate > Noticias 

Noticias 

Finalizado o curso de español e as actividades do programa Intégrate
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

08/06/2018 | A Limia

1 de 8

DAMOS POR FINALIZADO O CURSO DE ESPAÑOL E AS AS ACTIVIDADES GRUPAIS DO PROGRAMA INTÉGRATE  (Composto de varias sesións que se encadraron en 4 módulos: Modulo de habilidades sociais, módulo igualdade de oportunidades, módulo de hh.ss en saúde e alimentación e o módulo dirixido a promover a cultura do país de acollida).

Para rematar levamos a cabo unha avaliación e quixemos que as participantes suxerisen aquelas actuacións nas que lle gustaría tomar parte no vindeiro curso para tratar de dar resposta ás súas necesidades. Na palestra saíron ideas tan interesantes como que algunha das participantes recoñeceu a súa intención de dar un paso adiante e aproveitar as súas potencialidades para xerar recursos económicos propios, desenvolver actividades fóra do colexio, etc.

Dada a boa acollida e os bos resultados obtidos esperaremos a que empece setembro para retomar estas actividades grupais.

Como dato curioso dicir  que fixemos a "despedida" antes de rematar, aló polo día 10.  A razón? Antes de que comezara o Ramadán, e poder gozar así dunha boa merenda con comida típica marroquí, galega e rumana)

Agradecer, unha vez máis, a posibilidade, facilitada polo Equipo Directivo (especialmente por J. Manuel, o Director do Centro), de podermos empregar as dependencias do Ceip Rosalia de Castro; a Uxía e Belén, incorporadas polo CDR como educadoras; finalmente felicitar a Saray e Edi que, unha vez máis, pilotaron esta actuación. Graciñas a todas as persoas participantes.    

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info