Accesibilidad

Noticias 

O traballo que fixemos do proxecto RecThink, seleccionado polo Ministerio de Cultura

Será presentado no II Encontro Cultura e Cidadanía

10/10/2016 | Madrid

Este vindeiro venres estaremos, dalgunha maneira, en Madrid. O encontro, que vai ter lugar o xoves 13 e venres 14 de outubro, dirixe a súa mirada cara unha realidade poliédrica, con múltiples derivas semánticas: o TERRITORIO.

Roi, e seguramente alguén máis do equipo que estivo aquí con nós, vai presentar o traballo que fixemos no CDR O Viso dentro do proxecto RecThink. Parabéns a Lucía, Mouna, Miriam, Aldara, Janira, Noemí, David, Bruno... polo traballo feito. Este, foi seleccionado polo Ministerio de Cultura e, polo menos un pouquiño, vaise escoitar o que quere a xente nova de A Limia.

Se queres saber máis, preme aquí.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias