Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/11/2016 | cartel violencia contra as mulleres

Programación Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Do 21 ao 27 de novembro

19/11/2016

O CDR O Viso porá especial atención a vindeira semana na celebración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Organizamos xunto coa Cruz Vermella Xinzo e CIM Xinzo de Limia as seguintes actividades: 

De luns a mércores, percorreremos os colexios da zona para animar á concienciación desde as primeiras etapas, con independencia do tamaño ou a localización do centro (Os Blancos, Sandiás, Sarreaus, Baltar, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga). O xoves 24 será o turno dos institutos, cos que agardamos repetir tamén en vindeiras semanas.

O venres 25, Día Internacional, será a Praza Maior de Xinzo de Limia a que conte coa nosa presenza na rúa. Haberá participación dos colexios Carlos Casares e Rosalía de Castro, a nosa característica mesa de información e sensibilización e a lectura dun manifesto contra esta lacra ao mediodía. Tamén participarán as persoas usuarias do Centro de día e LIMISI.

Por último, a programación cerrarase co agardado "Partido a prol da igualdade", de equipos mixtos, o 26 pola tarde no pavillón municipal de Xinzo. Cada pequena acción é importante para acabar cun mal que nunca debera ter existido. Aínda te podes apuntar, de forma individual, na nosa oficina do CIX no número 1 da Praza Maior.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias