Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 14/11/2016 | Curso español básico recta final

Recta final do curso de español básico

Apenas 4 clases para o final

14/11/2016 | Xinzo de Limia

O Curso de Español Básico está a piques de entrar na súa recta final. Nas clases combinamos teoría, práctica e dinámicas de grupo coas que a comunicación flúe de xeito natural. Cada semana seguen incorporándose veciñas marroquís a unha formación que tivo unha moi boa acollida.

O CDR O Viso móstrase unha vez máis comprometido coa accesibilidade a grupos en risco de exclusión. O interese despertado co Curso de Español Básico é unha nova achega á hora de espantar a común idea de que boa parte da marxinación xorde dos propios colectivos: o interese ten sido moi alto durante cada unha das fases e as peticións de continuación sucédense agora que o remate xa está preto.

Desde o CDR queremos dar as grazas a cada unha das participantes polo seu entusiasmo. Na nosa medida, esforzarémonos por ofrecer máis e máis actuacións que contribúan ao progreso do noso entorno desde o rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias