Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 11/05/2015 |

Xornada de maio do grupo de agricultura familiar

Para intercambiar plantío e poñer a punto algunha horta

10/05/2015 | A Limia

O sábado 9 de maio o grupo que conformamos o pasado ano de agricultura familiar, compartimos unha xornada para darlle continuade ó noso plan. Primeiro no invernadoiro e dependencias do CDR O Viso e despois nunha horta dun dos partícipes, co xantar polo medio, fixemos unha posta a punto cos traballos desta época; compartimos plantas e sementes, aprendemos as mellores maneiras de organizar a horta a estas alturas do ano e gozamos dunha xornada na que tamén compartimos mesa e sobremesa cos productos que cada un levou e animados polos instrumentos que podedes ver nas fotos seguintes.  

Arquivada en:
Infórmate > Noticias